Novas
Acta da Comisión Temática celebrada o 19 de xaneiro do 2016
8 persoas asistentes, en representación do COAG e outros arquitectos locais; xestión inmobiliaria; enxeñeir@s; Asociación de amas de casa; Asociación de Veciños de Cortiñán; exconcelleiros.
Relación de reflexións e necesidades expostas en diferentes ámbitos:
NO ÁMBITO DA VIVENDA:
· A propiedade atópase moi repartida polo concello. A xente non obstante emigra a Betanzos e a Sada porque o solo de núcleo rural actual non é suficiente.
· Hai que mellorar os núcleos e potencialos. Non é necesario facer novas bolsas de solo “ex novo” senón “pechar” núcleos existentes.
· É preciso buscar novas fórmulas de vivendas intermedias de propiedade individual e pequenos xardíns para que a xente nova non teña que marchar do concello.
· Hai que buscar a calidade de vida no concello: posibilidade de ter unha vivienda digna e asequible con acceso a servizos próximos.
· As parcelas son moi caras porque hai moita xente que non ten necesidade de vender.
·Falla de mercado inmobiliario.
· Guísamo e San Cidre-Carrio son núcleos ideais para poder consolidalos.
· Cómpre acondicionar os espazos para a xente maior.
NO ÁMBITO DA MOBILIDADE
· Hai problemas para atravesar a estrada N-VI en Cortiñán, con varios mortos.
NO ÁMBITO DO COMERCIO
· A dispersión é un problema, xa que a xente busca a concentración de servizos que posúen as vilas como Betanzos.
· Non hai aparcamentos nas zonas comerciais do concello (como en Guísamo)
EN RELACIÓN ÁS ZONAS INDUSTRIAIS
· Hai que buscar unha unión entre o polígono de Bergondo e o de Espíritu Santo.
· De ampliar o polígono, mellor buscando parcelas mais pequenas, que son as que mais se demandan actualmente (400-200m2)