Glosario

Cidadanía
Sociedade, comunidade, conxunto de persoas dun pobo.
Construción colectiva
Deseño e xestión do hábitat que se fai contando coa implicación dos habitantes. A participación cidadá é a ferramenta a través da cal é posible a construción colectiva.
Equipamento
Cada un dos recursos e instalacións, públicos ou privados, que satisfán diferentes necesidades da comunidade para a que se constrúen. Poden ser de moitos tipos: educativos, sanitarios, deportivos, culturais, administrativos, relixiosos, etc.
Espazos libres
Conxunto de espazos públicos destinados á estancia, ao encontro e ao goce da veciñanza. Comprenden fundamentalmente as áreas verdes (xardíns, parques), as zonas de xogo e as áreas peonís (prazas, paseos)
Espazo público
Aquel espazo de propiedade pública e uso público. Oponse á idea?de espazo privado. Comprende tanto os espazos libres e as vías de circulación (rúas, estradas) como certos edificios públicos (bibliotecas, escolas, hospitais, etc.).
Planificación urbana
Ordenación da transformación dun lugar mediante instrumentos técnicos e normativos.
Servizos básicos
En relación cunha vivenda, fai referencia ás subministracións de auga e electricidade e á rede de sumidoiros, así como ao servizo de recollida de lixo. A consideración como básico de un servizo evoluciona no tempo atendendo ao nivel de confort que en cada época enténdese como imprescindible, polo que na actualidade pode incluír tamén o acceso ás infraestruturas de telecomunicacións (teléfono, internet, TV).