COÑECE O PXOM
¿Que é un PXOM?
Un PXOM, siglas de Plan Xeral de Ordenación Municipal, é o instrumento de ordenación urbanística do territorio
Máis infoSOMOS TODOS
QUEN FAI BERGONDO PARTICIPA?
O equipo multidisciplinar que levará a cabo este proceso de participación pública para o PXOM de Bergondo esta formado por...
Máis infoPor que un PXOM hoxe en Bergondo?

O planeamento urbanístico co que se conta na actualidade no concello de Bergondo ten unha antigüidade de 23 anos. Como é obvio, ao longo de todo este tempo as necesidades do municipio cambiaron moito, e no contexto actual, existen novos retos por encarar, así como novas demandas ás que dar solucións. Neste senso, hai que ter presente o comezo de redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal a partires do 2005, que se ben non foi aprobado inicialmente, é unha importante fonte de coñecemento de cara ás transformacións sufridas polo concello nos últimos case 15 anos.
Con todo isto presente, a redacción dun PXOM para Bergondo xurde como unha tarefa imprescindible e que grazas á participación activada cidadanía, garantirá o desenvolvemento territorial futuro adaptado ás necesidades reais do conxunto da veciñanza de Bergondo.
