Novas

Segunda rolda de xuntanzas das Comisións de Seguimento e Coordinación do PXOM

O pasado luns día 18 tiveron lugar as segundas xuntanzas das Comisións de Seguimento e Coordinación do PXOM; neste caso, as persoas integrantes da Comisión Política e da Territorial tiveron ocasión de revisar en detalle a análise do tecido residencial e do sector económico do concello, parte da diagnose que está a ser realizada polo equipo redactor.

A continuación deixámosvos un resumo das principais achegas:

ACTA DA COMISIÓN POLÍTICA 18.01.2016

6 asistentes, en representación de todos os grupos políticos: PSOE; PP; Veciños de Bergondo; SON.

Relación das principais reflexións e necesidades expostas:
· Exponse a necesidade de estudar a unión entre os polígonos de Bergondo e do Espíritu Santo e comunicar coa vía Ártabra e a autoestrada. Precísanse parcelas mais grandes.
· O comercio atópase moi disperso nos diferentes núcleos.
· Hai focos de comercio en Guísamo, Carrio, Gandarío, Tatín, etc.; pero non son cómodos para a xente. Hai que transformar as vías principais como a N-VI en vías urbanas para favorecer o comercio.

ACTA DA COMISIÓN TERRITORIAL 18.01.2016

7 persoas asistentes, en representación das parroquias de Bergondo, Lubre, Moruxo (Ría do Pedrido) e Vixoi.

As persoas representantes da parroquia de Bergondo entregan información e documentación sobre os espazos libres, patrimonio e equipamentos da parroquia de Bergondo.

Relación das principais reflexións e necesidades expostas:
· Exponse a necesidade de recuperar para uso público a Casa Cortés, en Guísamo, agora en ruínas.
· Exponse a idea de que o concello de Bergondo non mira ao mar. Está na reserva da biosfera, ten espazos como Gandarío pero toda a costa está infrautilizada e mal deseñada.
· En Vixoi o solo industrial está moi perto un do outro e non hai solo residencial.
· A xente nova ten que marchar da vila por falla de vivenda a prezos asequibles e marchan a apartamentos a Betanzos ou Sada, con prezos mais axeitados ás súas posibilidades.
· A xente busca a concentración de servizos e comercios que posúen as vilas de Betanzos e Sada, polo que a posibilidade de aparición de comercio no concello e máis complicada. Hai que competir cos outros concellos ofrecendo zonas verdes e grandes espazos de lecer.

A partires destas reflexións, noméanse as seguintes propostas:
· Estudar os antigos camiños que unían Bergondo co camiño de Santiago.
· Desenvolver a fronte marítima para atraer un turismo do lecer.
· En relación coa proposta anterior favorecer que moitas segundas residencias que existen actualmente pasen a ser primeiras residencias.
· Unificar o solo industrial que se atopa esparexido pola parroquia de Vixoi e eliminar estes pequenos solos industriais que se atopan moi separados uns de outros.
· Procurar áreas de construción en todas as parroquias de xeito que todas poidan crecer de xeito proporcional ao seu número de habitantes.
· Crear edificación colectiva, mais económica, para que haxa vivienda para a xente xove das parroquias.




Contacto

Contacta

Con este formulario, a través de presentacións nas diferentes parroquias, ou enviando dúbidas e propostas á dirección de correo info@bergondoparticipa.es e as redes sociais (Facebook e Twitter) postas en marcha, o equipo técnico será quen de recibir e avaliar as achegas da veciñanza, ao mesmo tempo que poderá ir informando dos avances na redacción do Plan.