Novas
Acta da Comisión Temática "Bergondo Participa"
O pasado 15 de decembro tivo lugar a primeira reunión da Comisión Temática de Seguimento do PXOM de Bergondo. A continuación deixámosvos un resumo das principais achegas:
ACTA DA COMISIÓN TEMÁTICA 15.12.2015
6 asistentes, en representación dos Servizos Sociais do Concello de Bergondo, a ANPA do CPI Cruz do Sar, o Periódico dixital Actualidad Bergondo e os Servizos de Educación.
Presentamos a continuación a relación das reflexións xurdidas durante o desenvolvemento da sesión en relación ao ámbito da EDUCACIÓN:
· Os CRAs (Centros Rurais Agrupados) son considerados como moi útiles para unha gran parte da poboación, mais para aquelas familias que teñen fillas e fillos en diferentes idades escolares chegan a ser un problema, pola falta de coordinación entre os transportes e pola falta de capacidade destes centros para dispor dun comedor escolar. Neste eido, se solicita aumentar a
capacidade de servizos do CPI Cruz do Sar, de xeito que se convirta nun centro de referencia.
· O polideportivo do Cruz do Sar é pequeno tanto para o número de alumnos como para as actividades extra-escolares que alberga, polo que se fai visible a necesidade dunha reserva de equipamentos nas inmedacións.
· Valorar a posibilidade de anexar zonas verdes ao redor dos CRAs.
NO ÁMBITO DOS EQUIPAMENTOS E ZONAS VERDES:
· Os parques biosaludables están baleiros e están orientados a unha única franxa de idade; necesidade de crear espazos mais interxeneracionais e cunha maior centralidade, procurando que poidan asistir un maior número de persoas.
· Políticas de xénero e conciliación. A modo de exemplo, faltan equipamentos infantís no polígono, onde traballan moitas nais e pais con crianzas de entre 0 e 3 anos. Esta demanda tamén é detectada en relación á parroquia de Guísamo.
NO ÁMBITO DA MOBILIDADE:
· As dúas rutas do transporte escolar transcorren por vías que no teñen capacidade para ese tipo de vehículo o que xera situacións de inseguridade vial.
· Necesidade dun plan de mobilidade sostible e melloras no transporte público.
NO ÁMBITO DA VIVENDA:
· No concello hai unha gran cantidade de vivenda unifamiliar pillada, que non se considera a tipoloxía axeitada para a fixación de población e a acollida de noas familias ou persoas de recente emancipación. Deberá procurarse unha tipoloxía de edificación colectiva accesible e acorde coa baixa densidade do concello.
Para rematar, preséntase os ACORDOS acadados:
· Proporcionase ás persoas representantes de cada entidade un plano (tamaño A1) coa cartografía do concello onde deberán sinalar os equipamentos e as zonas verdes. Na próxima sesión farán chegar ao equipo técnico os erros atopados nesta cartografía; ao mesmo tempo sinalarán aqueles puntos que lles parecen de interese ou que necesitan de melloras, tanto se foron tratados durante a Comisión, como outros que poidan xurdir das reunións coas súas entidades.
No seguinte enlace atoparedes o documento da presentación; soamente tedes que acceder á seguinte dirección:
https://drive.google.com/file/d/0B9u4mGJSSzx9NUxVa3loOWM4dUU/view?usp=sharing