Novas

NOVA ROLDA DE XUNTANZAS DAS COMISIÓNS POLÍTICA, TERRITORIAL E TEMÁTICA DO PXOM

O pasado día 22 de febreiro tuvo lugar unha nova rolda de xuntanzas das Comisións Política e Territorial de Coordinación e Seguimento do PXOM.

A modo de resumo, preséntanse a continuación as principais achegas e conclusións de cada unha delas.

ACTA DA COMISIÓN POLÍTICA 22.02.2016

6 persoas asistentes, en representaciónde todos os grupos políticos: PSOE; PP; Veciños de Bergondo e SON.

REFLEXIÓNS E NECESIDADES EXPOSTAS:
· Pregúntanse sobre os trámites a seguir para a realización da primeira fase do PXOM, Borrador e DIE.
· Advírtese da necesidade de valorar o impacto das crecidas dos ríos Miodelo e Maior.

ACTA DA COMISIÓN TERRITORIAL 22.02.2016

8 persoas asistentes, en representación veciñal das parroquias de Bergondo; Lubre; Moruxo; Ría do Pedrido; Vixoi e Cortiñán.

REFLEXIÓNS E NECESIDADES EXPOSTAS:
· Pídese que se envíen enlaces á documentación que se expón na presentación: Catálogo da paisaxe, Guía de Boas Prácticas para a Intervención nos Núcleos Rurais, Plan de ordenación do Litoral:

POL: http://www.xunta.es/litoral

Guía dos núcleos rurais: http://www.cmati.xunta.es/seccion- organizacion/c/Instituto_Estudos_Territorio?content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Pai saxe/Paisaxe/seccion.html&std=guia_nucleos_rurais.html&sub=guias-metodoloxicas

Catálogo da paisaxe: http://www.cmati.xunta.es/seccion- organizacion/c/Instituto_Estudos_Territorio?content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Pai saxe/Exposicion_publica_catalogo/seccion.html&std=Introduccion.html

· Saliéntanse moitas zonas de muros antigos en Vixoi, Quianta de Tortón e Villa Julia.
· Expónse inquietude polas persoas que traballan da agricultura. Pídese a potenciación da agricultura ecolóxica como medio de traballo, sendo un lugar Bergondo de especial valor para a horta.
· Plantéxase a posibilidade de formación de bancos de terra.
· Hai que coñecer para que é boa cada solo.
· Traballar os pasos a nivel ferroviarios e da AP-9.
· Indícase que no pazo de Aldao hai unha torre alto medieval que unha vivenda destruíu en parte.
· Índicase a situación de Fontes da Saúde no entorno do Polígono.
· Existe un terreo que un veciño cede para a realización dun xeriátrico sen indicar onde nen a situación urbanísitca. Na zona de Sanín.
· Fálase que existen problemas coa web do proceso e coa chegada dos mails para poñer en coñecemento da empresa que está a realizar este servizo. Tamén pregúntase por certos contidos que están ben no facebook, ben na web pero no en ambos.
· Pregúntase pola situación dos núcleos de Cortiñán e a posibilidade de amplialos ao estar suxeitos a unha concentración parcelaria.
· Plantéxase a necesidade de que se realiza un estudo mais profundo cos veciños de cada parroquia
· Os veciños de Lubre van mandar unha serie de propostas.

A partires desta reflexión, noméanse as seguintes NECESIDADES:

· Pídese un gran parque para todo o concello, un espazo de lecer. Valóranse como emprazamentos posibles Montecelo, Santa Marta de Babío e en Rois, na zona do Xaralleira.
· Exponse que o planeamento ten que dar cabida a unha agricultura ecolóxica.
· Con respecto ao proceso de participación plantéxase a necesidade de continuar co mesmo nas diferentes parroquias explicando o plan e recollendo a opinión da veciñanza,
· Exponse que existe unha mobilidade moi reducida nos núcleos. É preciso estudiala e traballala mais.

Por medio dos seguintes enlaces tamén poderedes revisar as presentacións realizadas polo equipo técnico nas diferentes Comisións:
Presentación do Plan Xeral:
https://drive.google.com/file/d/0B9u4mGJSSzx9SVhTZTJGMDF2MkU/view?usp=sharing
Análise do Modelo de Asentamento Poboacional:
https://drive.google.com/file/d/0B9u4mGJSSzx9N2xBX3FvdGZvYnc/view?usp=sharing

ACTA DA COMISIÓN TEMÁTICA 23.02.16

6 asistentes, en representación do CEIDA; SEPRONA; GDR As Mariñas – Betanzos; Reserva da Biosfera Terras do Mandeo; Veciños de Cortiñán.

REFLEXIÓNS E NECESIDADES EXPOSTAS:

_SOBRE PATRIMONIO
· Hai un mestre no Cruz do Sar que ten traballado sobre o patrimonio histórico co que sería interesante contactar.
· Existen árbores senlleiras en xardíns non inventariadas e na igrexa parroquial de Rois.
· As mámoas e castros non se atopan actualmente ben localizados.

_SOBRE USOS E AGRICULTURA
· Debátese sobre cal sería a mellor maneira de establecer e estudar os usos no territorio. Por parroquias, por unidades da paisaxe ou por outras.
· Existe unha grande importancia da horta ecolóxica no concello, con distribuidores próximos como GADISA.
· Existen problemas de acceso a terra, xa que non se rendan ou venden.
· Existe unha DO de viño de Betanzos.
· Existen cultivos destacables como o mazá de Cortiñán e Lubre, Repolo nas Angustias, plantón, etc., e agricultores que baixan a plantar millo pola alta rendibilidade da terra.
· Crear un circuito de proximidade con mercado en Guísamo.

_SOBRE MEDIO AMBIENTE
· A autoestrada é un elemento de expansión de plantas invasoras. É preciso un estudo de ruído na mesma que non se fixo e tamén de riscos derivados na mesma en caso de accidentes.
· Grande importancia de diversas fontes e mananciais como Fonte Franza que cómpre valorizar. Os mananciais non están protexidos e son a cotío captacións veciñais. Nestes ámbitos non deberían haber eucaliptos. Destacar a importancia das brañas e fragas asociadas a estas nacentes.
· Hai numerosos pozos non inventariados en moitas vivendas.
· Pregúntase se hai parcelas dadas de alta para verter lodos procedentes da depuradora.
· A costa atópase erosionada pola vexetación de eucaliptos que é preciso substituír por outra mais baixa e adaptada.
· Sería interesante limitar as plantacións nas zonas mais altas para poder ver a costa nestes espazos de mirador.
· As parcelas adicadas a montes son moi pequenas.
· Salientar o papel dos bosques de ribeira.
· O solo de Bergondo ten un potencial edáfico moi alto, un dos mais elevados de Galicia. É preciso telo en conta.
· Existen estudos de productividade do solo da USC.
· Ao estar nunha reserva da Biosfera, buscar o valor potencial do territorio, as zonas núcleo, en rede natura e os espazos tampón co resto do territorio. Incrementar as zonas núcleo con lugares de interese local. Identificar espazos de costa para súa inclusión como espazos de interese local.
· Preguntar no instituto Parga Pondal por formacións de bosques fósiles do terciario e por conos torrenciais fósiles.
· Recuperar ambientalmente o polígono de Bergondo. Mellorar e ampliar a depuradora do polígono. Estudar a mobilidade no polígono cunha xerarquía viaria.
· Atopar espazos de consenso para a depuradora de Gandarío.
· Existen planimetrías no Arquivo do reino de Galicia.




Contacto

Contacta

Con este formulario, a través de presentacións nas diferentes parroquias, ou enviando dúbidas e propostas á dirección de correo info@bergondoparticipa.es e as redes sociais (Facebook e Twitter) postas en marcha, o equipo técnico será quen de recibir e avaliar as achegas da veciñanza, ao mesmo tempo que poderá ir informando dos avances na redacción do Plan.